top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

Árbore literaria na Biblioteca de Secundaria

  • bibliocaboarea
  • 19 dic 2022
  • 1 Min. de lectura

O alumnado colaborador da Biblioteca de Secundaria do CPI Cabo da Area deseñou unha árbore de Nadal decorada con adornos que reproducían os rostros dos autores e autoras máis representativos da literatura galega, castelá e universal: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Castelao, Manuel Rivas, Marilar Aleixandre, Olga Novo, Andrea Maceiras, Antía Yáñez, Arantza Portabales, Luz Pozo Garza, María Reimóndez, Miguel de Cervantes, Lope de Vega, Emilia Pardo Bazán, Federico García Lorca, María Moliner, María Zambrano, Maruja Mallo, Ana María Matute, Almudena Grandes, Elvira Lindo, Gloria Fuertes, Carmen Laforet, Gabriel García Márquez, William Shakespeare, Emily Dickinson, Jane Austen, Charles Dickens, Mark Twain, Edgar Allan Poe, Virginia Woolf, Anna Frank ou J. K. Rowling.

Ademais, os estudantes de Francés da ESO contribuíron á decoración da árbore coas súas postais e tarxetas de felicitación navideñas neste idioma.

Grazas a todos e todas pola vosa colaboración para lograr o produto final que podedes contemplar nas imaxes que acompañan a este post.



 
 
 

Comentarios


Join my mailing list

Thanks for submitting!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page