top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

ROTEIRO LITERARIO ARREDOR DA OBRA DE COMO O SANTO DOS CROQUES SE FAI PEREGRINO, DE PEPE CARBALLUDE

  • bibliocaboarea
  • 20 jun 2024
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 2 jul 2024

O martes, 18 de xuño, os membros do club de lectura de secundaria, xunto co departamento de Xeografía e Historia, participaron nun roteiro literario inspirado na obra de Pepe Carballude De como o Santo dos Croques se fai peregrino.

O grupo desprazouse ata Santiago de Compostela para iniciar o seu percorrido visitando a fachada exterior do Convento de Santa Clara e contemplar a continuación outros lugares significativos do casco histórico da cidade, como a praza do Obradoiro (onde se atopan o colexio de San Xerome, o Hostal dos Reis Católicos, a fachada oeste da catedral e o pazo de Raxoi), a portada de Platerías, o interior da catedral (incidindo especialmente na súa planta romántica, a lauda de Teodomiro, a cripta e Santa María de Corticela). O grupo detívose tamén na praza de Mazarelos, que contén restos dun tres en raia pétreo, ademais de constituír a única porta medieval da cidade.







 
 
 

Comments


Join my mailing list

Thanks for submitting!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page