top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

Visita didáctica a Santiago

  • bibliocaboarea
  • 15 ene 2023
  • 1 Min. de lectura

Os equipos de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca escolar do CPI Cabo da Area organizaron unha saída didáctica a Santiago de Compostela o pasado martes, 10 de xaneiro, co alumnado da ESO. A actividade incluíu unha visita guiada á libraría Couceiro, onde o grupo non só puido comprobar de primeira man os fondos bibliográficos dos que dispón o establecemento, senón que tamén participou nun obradoiro arredor da confección e restauración do libro artesanal.








A continuación, os estudantes desprazáronse ata o Panteón de Galegos Ilustres, onde realizaron unha ofrenda floral na tumba de Rosalía de Castro e recitaron algúns dos textos máis significativos da autora, ademais de outras composicións dedicadas á nosa poeta máis relevante.









Na última parte da mañá, o grupo visitou o Museo do Poblo Galego, protagonizando ademais unha caza do tesouro que os convidaba a percorrer a totalidade do Museo con fin de achar as respostas aos distintos retos propostos.









Finalmente, durante a tarde, o alumnado achegouse á Cidade da Cultura para asistir primeiro a unha charla sobre o deseño arquitectónico do edificio e visitar logo algúns dos seus espazos máis icónicos.



 
 
 

Comments


Join my mailing list

Thanks for submitting!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page