Visita ao Salón do Libro de Pontevedra e roteiro literario sobre a figura de María Victoria Moreno
- bibliocaboarea
- 18 may 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 21 may 2023
O venres, 5 de maio, o alumnado do club de lectura de primaria e secundaria participou nunha visita guiada á XXIV edición do Salón do Libro de Pontevedra e nun roteiro literario arredor da figura da escritora María Victoria Moreno.
Os estudantes gozaron dunha nova convocatoria do Salón do Libro dedicada ao xogo cos libros, as palabras e as imaxes. Ademais, o país convidado, Colombia, proporcionou unha experiencia transformadora arredor dos libros e da lectura, principalmente nos barrios máis desfavorecidos das cidades. Este país é un exemplo de como a cultura pode mudar a contorna, afastar a violencia e contribuír a unha cidadanía máis formada, libre e feliz. Outros autores homenaxeados foron Manuel Lourenzo González e a ilustradora Maife Quesada.
Finalmente, o alumnado participou nun percorrido polo centro histórico de Pontevedra, deténdose nos lugares máis emblématicos que marcaron a vida e a obra de María Victoria Moreno.
Comments