Troco literario no Mes do Libro e das Letras Galegas
- bibliocaboarea
- 18 may 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 21 may 2023
Para celebrar o Mes do Libro e a festividade das Letras Galegas, a biblioteca do CPI Cabo da Area e o equipo plurilingüe do centro organizaron unha actividade de troco solidario para a que solicitaron a colaboración da comunidade educativa do centro e de diversas institucións da contorna. Así, tanto as familias como a Biblioteca Municipal de Laxe realizaron doazóns de libros, que configuraron unha selecta colección de obras clasificadas por idades e distribuídas entre a biblioteca de infantil e primaria e a de secundaria.
Unha vez completada esta fase e ata fin de existencias, o alumnado que así o desexe poderá adquirir calquera dos libros ou recursos educativos que conforman a nosa feira literaria, entregando a cambio alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene e limpeza, que serán entregados no concello de Laxe para ser repartidos entre as persoas máis vulnerables da contorna.
Comments