A Biblioteca do CPI Cabo da Area, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizou unha sesión tenebrosa no recreo do venres, 28 de outubro, ao convidar ao alumnado de Secundaria do centro a participar na lectura de diversos relatos de medo da escritora Paula Carballeira. A Biblioteca, debidamente decorada para u ocasión, supuxo o escenario ideal para a interpretación dramatizada dos textos da autora galega por parte do alumnado de 1º ESO (Laura Ordóñez, Lucía Souto, Alejandro Vázquez e Celia Vidal), 2º (Miriam Insua, Aroa Romar, Aitana Suárez e Alejandra Toja), 3º (Sara Bello, Iria Costa, Enma Lobelos, Ainara Rodríguez e Cristina Santos) e 4º ESO (Aroa Allo, Blanca Charlín, Nerea Pombo e Saskia Rodríguez). Acompañándoos a todos e todas, estiveron moitos dos seus compañeiros e compañeiras, que actuaron como atentos oíntes dos arrepiantes relatos.
Parabéns polas magníficas interpretacións realizadas!
Comments