top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

bibliocaboarea

Sesión de contacontos a cargo dos membros do club de lectura "Libros ao Cabo"

Actualizado: 19 oct 2022

Os integrantes de Secundaria do club de lectura “Libros ao Cabo” organizaron diversas sesións simultáneas de contacontos co alumnado de Educación Infantil e Primaria do CPI Cabo da Area, que se celebraron o martes, 18 de outubro, no recreo. Así, as estudantes Triana Salvador (1º ESO), Xiana Sueiro (2º ESO) e Ainara Rodríguez (3º ESO) versionaron o texto Con tango son tres para o alumnado de 1º Infantil (“Formigas”). Pola súa parte, Marta Collazo, Sara Devesa, Lucía Souto e Naiara Toja (1º ESO) realizaron unha magnífica lectura da obra Por cuatro esquinitas de nada para 2º Infantil (“Pitiños”). Así mesmo, Iria Costa e Enma Lobelos (3º ESO) relataron con grande maestría El hada Lolita y la narizota del koala para 3º Infantil (Baleas).







Por outra banda, Roberto Márquez e Mateo Toja (1º ESO) prepararon unha demorada lectura da peza O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas para os estudantes de 1º E. Primaria; mentres que Aitana Suárez (2º ESO) e Sara Bello (3º ESO) organizaron unha sesión de lectura e debate co alumnado de 2º EP arredor da obra Carabuñas.




Finalmente, Aroa Allo, Blanca Charlín e Saskia Rodríguez (4º ESO) teatralizaron o texto Unha parella diferente ante os estudantes de 4º EP, á vez que Laura Ordóñez, Yanira Vázquez, Alejandro Vázquez e Celia Vidal (1º ESO) asumiron o reto de versionar Maruxa a mariñeira na Aula de Usos Múltiples do centro ante o alumnado de 6º A e B de Primaria.




Parabéns a todos e todas polo magnífico labor realizado!

Non queremos deixar pasar a oportunidade de expresar o noso agradecemento aos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil e Primaria por acoller esta iniciativa do club de lectura “Libros ao Cabo”.

38 visualizaciones0 comentarios

Comentarios


bottom of page