Semana das Letras Galegas
- bibliocaboarea
- 18 may 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 21 may 2023
A biblioteca do CPI Cabo da Area e o equipo plurilingüe do centro organizaron diversas sesións de cine-fórum para conmemorar a semana das Letras Galegas. Durante os recreos dos días 15-19 de maio, as bibliotecas de infantil e primaria, por unha parte, e a de secundaria, pola outra, proxectaron curtametraxes inspiradas en obras literarias en lingua galega e inglesa. Así, o luns 15 de maio, emitíronse “The Choice”, “Too Quick To Judge” e “Still Me”. No primeiro caso, trátase dunha animación para instruír aos máis cativos arredor dos beneficios dos hábitos de vida saudable. O segundo aborda a importancia de non prexulgar ás persoas pola súa aparencia. O terceiro constitúe unha reflexión sobre o xénero non-binario e as dificultades de aceptación social das persoas que se senten rexeitadas por este motivo.
O martes, 16 de maio, proxectáronse “Mister Corvo”, “Fiz, o coleccionista de medos” na biblioteca de infantil e primaria e “Luz de contra”, na de secundaria, inspirada no libro O sol do verán, de Carlos Casares.
O xoves, 18 de maio, a biblioteca de infantil e primaria emitiu “Cocorico” e “Corre, corre, cabaciña”, mentres que a de secundaria ofreceu “Por eso. Pola igualdade e a inclusión” e “O pai de Migueliño”, de Castelao.
Finalmente, o venres, 19 de maio, a biblioteca de infantil e primaria proxectou “Ollobrusco” e a de secundaria, “Os difuntos falaban castelao”.


Ademais, o alumnado de educación infantil realizou diversos actividades lúdicas para descubrir a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego.
Comments