top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

Presentación do Club de lectura de secundaria para o curso 2023-2024

  • bibliocaboarea
  • 2 nov 2023
  • 1 Min. de lectura

O martes, 24 de outubro, o club de lectura “Libros ao Cabo” celebrou o Día das Bibliotecas Escolares retomando a súa andaina literaria e creativa para o curso 2023-2024. Por iso, os novos integrantes do mesmo celebraron a súa xuntanza inaugural na biblioteca do edificio de secundaria.



Este curso, contamos cun nutrido grupo de alumnos de secundaria xa inscritos na actividade, que coordinarán os profesores Ana Porteiro e Antón Varela. Dado o gran interese suscitado entre os estudantes da ESO, este grupo quedará repartido en dúas modalidades. A primeira delas estará formada polo alumnado de 1º ESO, composto por 23 alumnas e alumnos; e, na segunda, inclúense once estudantes de 2º ESO, dúas de 3º ESO e catro de 4º ESO, conformando un total de 17 estudantes.



Pese a este reparto, os profesores responsables deseñarán actividades compartidas para fortalecer a unidade do club e da comunidade educativa do centro. Así mesmo, o equipo de docentes que colabora nas tarefas de dinamización da biblioteca participará tamén no desenvolvemento dalgunha actividade específica, ademais de fomentar desde as súas clases as iniciativas impulsadas polo club de lectura e de vencellalas, cada vez que sexa posible, a algúns dos contidos establecidos nas programacións didácticas das distintas materias.



 
 
 

Commenti


Join my mailing list

Thanks for submitting!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page