top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

Preparación do encontro literario con Concha Blanco

  • bibliocaboarea
  • 17 mar 2023
  • 1 Min. de lectura

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria que forma parte do Club de lectura “Libros ao Cabo” reúnese de forma periódica para preparar as actividades vencelladas á literatura e á promoción da lectura que está previsto desenvolver ao longo do terceiro trimestre. A primeira delas será o encontro literario coa escritora Concha Blanco, autora do poemario Feminino singular, en plural. O alumnado integrante do club de lectura de Primaria será o encargado de coordinar o acto e entrevistar á autora. Así mesmo, participarán nunha visita ao Salón do Libro de Pontevedra, que se celebrará durante os primeiros días do mes de maio.

Cabe recordar que estes estudantes desempeñaron tamén un importante papel no encontro literario coa novelista Arantza Portabales o pasado 14 de febreiro, pois actuaron como presentadores xerais do evento.



Parabéns a todas e todos polo magnífico traballo realizado!

 
 
 

Comments


Join my mailing list

Thanks for submitting!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page