O Club de lectura "Libros ao Cabo" celebra o Día Internacional das Persoas con Discapacidade
- bibliocaboarea
- 4 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro), o alumnado integrante do club de lectura de secundaria elaborou un padlet sobre obras de lectura fácil arredor do concepto e valor da igualdade. A lectura supón un imprescindible exercicio de crecemento persoal para o noso alumnado. Por iso, é preciso achegala a todos os niveis educativos. A transmisión das accións, os valores fundamentais dunha sociedade democrática e as ensinanzas que desexamos transmitir aos estudantes han de adaptarse aos diferentes graos de maduración destes e ás necesidades educativas especiais que se poidan presentar no proceso de ensino-aprendizaxe. De aí que se realizase esta escolma de obras de lectura fácil, que combinan a presentación asequible dos contidos coa traslación de valores como a amizade, a loita pola vida, o esforzo personal, a cooperación e a importancia da autoestima: https://padlet.com/porteiro_ana/obras-de-lectura-f-cil-ftmgjyqh8ec7e4xw

Comments