top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

O CLUB DE LECTURA DE SECUNDARIA CELEBRA O DÍA MUNDIAL DA NATUREZA (3 DE MARZO)

  • bibliocaboarea
  • 4 mar 2024
  • 1 Min. de lectura

O 20 de decembro de 2013, a Asemblea Xeral da ONU decidiu proclamar o 3 de marzo como o Día Mundial da Natureza co obxectivo de concienciar á poboación sobre o valor da fauna e a flora salvaxes. A data elixida marca o aniversario da aprobación en 1973 da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres, que xoga un destacado papel na protección das especies fronte ao comercio internacional.

O Día Mundial da Natureza bríndanos a ocasión de celebrar a beleza e a variedade da flora e a fauna salvaxes, así como de crear conciencia acerca da multitude de beneficios que a conservación destas formas de vida ten para a humanidade. A celebración deste día tamén nos lembra a necesidade urxente de combater os delitos contra a natureza, que ocasionan consecuencias de gran alcance no ámbito económico, ambiental e social.

Por iso, os integrantes do club de lectura “Libros ao Cabo” elaboraron unha guía sobre a obra Mundo da fin do mundo, de Luis Sepúlveda, para afondar na necesidade de procurar a igualdade e o respecto nos distintos ámbitos da vida e estudar a conflictividade que emana das diferenzas sociais, económicas, de xénero, de idade, así como a protección animal ou o coidado da natureza. Podedes acceder a ela a través da seguinte ligazón: https://padlet.com/porteiro_ana/gu-a-de-lectura-mundo-del-fin-del-mundo-cwm1o4rirvctefjo



 
 
 

Comments


Join my mailing list

Thanks for submitting!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page