top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

Entroido 2023

  • bibliocaboarea
  • 22 feb 2023
  • 1 Min. de lectura

Durante a semana do 13 ao 17 de febreiro, a Biblioteca do CPI Cabo da Area, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega, elaborou os mandados do Meco, co fin de que o alumnado de Secundaria do centro seguise as súas indicacións para caracterizarse cada día cun obxecto distinto e celebrar deste xeito o Entroido. Finalmente, o venres 17, os estudantes de cada curso distribuíronse por grupos para presentarse ao certame de disfraces que organizou o equipo de Extraescolares no pavillón do CPI.




Ademais, o equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto coa Biblioteca do centro, convocou o Concurso de coplas satíricas, no que participou o alumnado da ESO, resultando gañadora na categoría de 1º e 2º Nazaret Álvarez e, na de 3º e 4º , Cristina Santos.

Parabéns ás dúas!





 
 
 

Comentarios


Join my mailing list

Thanks for submitting!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page