top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

Entrega de premios do II Concurso de Cartas ao Apalpador

  • bibliocaboarea
  • 23 dic 2022
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 29 ene 2023

O xoves, 22 de decembro, no transurso do Festival de Inverno de Educación Infantil e Primaria, foron entregados os premios aos gañadores do II Concurso de Cartas ao Apalpador, convocado polo equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca do centro. Na categoría de Educación Infantil, o vencedor foi Luca Suárez Busto (5º EI), mentres que na modalidade de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, o galardón recaeu sobre Carmen Toja Serrapio (2º EP). Pola súa parte, na categoría de 4º, 5º e 6º EP, Elena Sampedro Vázquez (5º EP) obtivo o primeiro premio.









Finalmente, en Educación Secundaria, Ainara Cuns Pérez (1º ESO) converteuse na gañadora da súa modalidade, mentres que Laura Ordónez Vázquez recibiu un accésit. Ambas recolleron os seus respectivos galardóns durante o recreo na Biblioteca de Secundaria.






Parabéns aos gañadores e gañadoras polos seus magníficos traballos e bos desexos para o Nadal!

 
 
 

Comments


Join my mailing list

Thanks for submitting!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page