top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

Encontro literario do Club de lectura de 2º, 3º e 4º ESO con Noela Rivas

  • bibliocaboarea
  • 12 may 2024
  • 1 Min. de lectura

Para celebrar o mes das Letras Galegas, o martes, 7 de maio, a biblioteca do CPI Cabo da Area recibiu a visita da novelista Noela Rivas para participar nun encontro literario co alumnado do club de lectura de 2º, 3º e 4º ESO do centro educativo.


Os estudantes realizaron coa autora un percorrido pola súa traxectoria profesional e artística e entrevistárona arredor da construción literaria da obra traballada durante as sesións do club de lectura: Poder non é querer. Na peza, Noela Rivas reflexiona sobre os perigos dos trastornos alimenticios e o respecto pola diversidade sexual.


O acto incluíu tamén a sinatura de exemplares e un pícnic literario coas citas máis significativas extraídas da novela Poder non é querer.


Finalmente, Noela Rivas foi agasallada cos materiais de creación orixinal confeccionados polo alumnado do club de lectura: debuxos da portada da obra e retratos da novelista, marcapáxinas e chaveiros arredor da peza presentada.














 
 
 

Comments


Join my mailing list

Thanks for submitting!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page