top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

Encontro literario con Concha Blanco

  • bibliocaboarea
  • 28 abr 2023
  • 1 Min. de lectura

Para celebrar o Día do Libro, o pasado martes, 25 de abril, a biblioteca do CPI Cabo da Area recibiu a visita da escritora ceense Concha Blanco para participar nun encontro literario co alumnado do club de lectura de primaria e secundaria do centro educativo.

Os estudantes realizaron coa autora un extenso percorrido pola súa traxectoria profesional e artística e entrevistárona arredor da construción literaria das dúas obras traballadas durante as sesións do club de lectura: Feminino singular, en plural e Nano. En ambos casos, Concha Blanco reflexiona sobre a igualdade de xénero e o respecto pola diversidade sexual.






O acto incluíu tamén o recitado dalgunhas das composicións poéticas máis significativas de Feminino singular, en plural, a sinatura de exemplares e un pícnic literario con citas extraídas das entrevistas da autora na radio e na prensa periódica e fragmentos dalgunhas das súas obras de referencia en lingua galega.




Finalmente, Concha Blanco foi agasallada cos materiais de creación orixinal confeccionados polo alumnado do club de lectura: carteleiría arredor da biografía das mulleres ás que homenaxea na súa obra Feminino singular, en plural, marcapáxinas e chapas arredor deste poemario e da novela Nano.














 
 
 

Kommentare


Join my mailing list

Thanks for submitting!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page