top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

Día Mundial da Infancia na Biblioteca de Infantil e Primaria

  • bibliocaboarea
  • 10 nov 2022
  • 1 Min. de lectura

Para conmemorar o Día Mundial da Infancia, que se celebrará o 20 de novembro, a Biblioteca de Educación Infantil e Primaria do CPI Cabo da Area organizou unha exposición bibliográfica cunha interesante escolma de textos vencellados aos dereitos dos nenos e nenas, á súa necesaria presenza na literatura contemporánea e ao tratamento da diversidade no cine, a través de referencias de indiscutible calidade e valor didáctico, como a curtametraxe Cuerdas. Non deixedes pasar a oportunidade de achegarvos e revisar de primeira man as obras que integran a montaxe, ademais de coñecer outros títulos vinculados ao fomento da fraternidade entre os nenos e nenas do mundo e á promoción do seu benestar grazas a actividades socioculturais coma esta.



 
 
 

Comentarios


Join my mailing list

Thanks for submitting!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page