top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

Día Internacional contra o Acoso Escolar

  • bibliocaboarea
  • 3 may 2023
  • 2 Min. de lectura

O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Segundo a UNESCO, dous de cada dez alumnos sofre ou sufriu nalgún momento bullying. Un dos colectivos máis afectados por esta problemática está conformado pola poboación LGTBI. Por iso, desde a biblioteca do CPI Cabo da Area, conmemoramos de maneira conxunta esta data e o Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia (17 de maio), ofrecendo á nosa comunidade educativa un pequeno banco de recursos para traballar ambas efémerides nas aulas:


1. Visionado do material audiovisual "Bullying: Levántate contra el acosador homofóbico":


2. Lectura do conto para adolescentes "La historia de Pepe y Pepa", a través do que se poden analizar as distintas fases da violencia de xénero, a agresión sexual, os mitos do amor romántico, os modelos de masculinidade que operan na sociedade...:


3. Reflexión sobre os roles de xénero que se aplican e afectan desde a infancia a través do vídeo "Ahora o nunca", que inclúe cen comentarios que as nenas escoitan, reciben e asimilan desde pequenas:


4. A práctica do xogo de rol “Mi novio quiere controlarme el WhatsApp”:


5. Música contra o acoso escolar e a violencia: “Se buscan #valientes”, “Diferente”, “Ni una menos” ou “Único”:


Ademais, o alumnado de educación infantil achegouse ao texto Orellas de Volvoreta e cada estudante debuxou as súas propias volvoretas co fin de reflexionar sobre a diversidade que existe entre os seres humanos, pois cada un posúe as súas características individuais, os seus propios gustos, intereses, pensamentos…


Así mesmo, a biblioteca de primaria acolle estes días unha exposición temática con distintos recursos que convidan aos seus usuarios e usuarias a defender e respectar as diferenzas que nos converten en seres únicos e especiais.









Parabéns polo magnífico traballo realizado!

 
 
 

コメント


Join my mailing list

Thanks for submitting!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page