Día do Teatro (27 de marzo)
- bibliocaboarea
- 19 abr 2023
- 1 Min. de lectura
A biblioteca de educación infantil e primaria do CPI Cabo da Area conmemorou o Día Internacional do Teatro cunha sesión de mímica celebrada durante o recreo do día 31 de marzo. O alumnado voluntario de 4º e 6º EP interpretou diversos contos clásicos que os asistentes ao acto trataron de adiviñar, gozando enormemente da actividade.




Pola súa parte, os estudantes de infantil participaron nunha magnífica recreación dramática protagonizada polos seus compañeiros e compañeiras de 2º EP.


Así mesmo, o alumnado de 1º ESO versionou a escena final de La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca, que foi emitida na radio escolar, Cabo da Area nas Ondas.
Comentarios