top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

bibliocaboarea

Día do Lector en Galicia e Día de Neira Vilas

O vindeiro xoves, 3 de novembro, conmemóranse dúas datas clave para a Biblioteca do CPI Cabo da Area: o Día do Lector en Galicia e o Día de Xosé Neira Vilas. Para celebrar ambas festividades, a Biblioteca do centro, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizou unha exposición coas obras máis representativas do escritor pontevedrés. Nela, podedes atopar textos de referencia do patrimonio literario galego, como Memorias dun neno labrego, Xente no rodicio, Camiño bretemoso, Historias de emigrantes, Cartas a Lelo, Remuíño de sombras, Aqueles anos do Moncho ou Querido Tomás. Neira Vilas incursionou tamén na narrativa infantil e xuvenil, con textos como Espantallo amigo, O cabaliño de buxo ou A Marela Taravela.



Non deixedes de visitar a nosa exposición e de achegarvos á Biblioteca do noso CPI no recreo do xoves, 3 de novembro, pois realizaremos un maratón de lecturas de diversos fragmentos dalgunha das obras antes mencionadas. O alumnado Primaria e Secundaria do centro interpretará para os asistentes varias pasaxes dos escritos de Neira Vilas, que nos axudarán a recrear o valor testemuñal do realismo social que representa a narrativa de posguerra do autor.

10 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page