top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

Día de Rosalía de Castro

  • bibliocaboarea
  • 26 feb 2023
  • 1 Min. de lectura

A Biblioteca do CPI Cabo da Area, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega, elaborou unha serie de actividades distribuídas por etapas co fin de conmemorar o Día de Rosalía de Castro, celebrado o pasado 23 de febreiro. Así, o alumnado de Educación Infantil coloreou unha flor que ía acompañada duns versos procedentes do poema “Parece unha rosa…”, da autora homenaxeada.




Pola súa parte, os estudantes de Primaria deseñaron caligramas en forma de flor con algunhas das composicións poéticas máis relevantes de Rosalía de Castro.










Finalmente, o alumnado de Secundaria participou nun recital poético durante o recreo do día 23, onde se entoaron algúns poemas da autora, recibindo, ademais, o texto escrito acompañado dun código QR que os remitía á versión escrita e/ou musicada de ditas composicións.








Para rematar, todo o alumnado do centro recibiu unha flor de feltro en forma de broche como signo distintivo da celebración do Día de Rosalía de Castro no CPI Cabo da Area.





 
 
 

Comments


Join my mailing list

Thanks for submitting!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page