Día da Poesía (21 de marzo)
- bibliocaboarea
- 19 mar 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 21 mar 2023
O equipo plurilingüe, o grupo de traballo de Dinamización da Lingua Galega e a biblioteca do CPI Cabo da Area están a celebrar o Día da Poesía (21 de marzo) coa gravación dunha serie de audiopoemas a partires dunha selección previa de composicións líricas en galego, castelán e inglés, co fin de que o alumnado voluntario da biblioteca escolar os recite cun acompañemento melódico, grazas á contribución dos estudantes de 4º ESO da optativa de Música e do seu profesor Gonzalo Suárez. O produto final será emitido en breve na radio escolar.
Ademais, os tres equipos de traballo levaron a cabo a actividade denominada “Chuvia de poemas”, decorando o espazo da biblioteca con pingas de auga deseñadas e recortadas en cartolina, que conteñen algúns versos de recoñecidos poetas e poetisas da literatura universal en galego, castelán e inglés. É o caso de Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Luz Pozo Garza, Antonio García Teijeiro, Pablo Neruda, Gloria Fuertes, Rafael Alberti, Edgar Allan Poe, William Wordsworth ou Lord Byron, entre outros.
















Pola súa parte, tamén o alumnado de Infantil e Primaria decorou o espazo da biblioteca do seu edificio con pingas de auga que condensan composicións poéticas de Eduardo Pondal e Curros Enríquez, entre outros autores. Ademais, a biblioteca acolle ao longo destes días unha exposición temática con diversas antoloxías poéticas que están a disposición dos usuarios e usuarias da nosa comunidade educativa. Non deixedes de visitala!






Comments