O club de lectura de secundaria do CPI Cabo da Area conmemorou o Día da Muller (8 de marzo) e o Día da Poesía (21 de marzo) coa composición orixinal de romances dedicados a mulleres relevantes no eido histórico e cultural da Idade Media europea e a figuras femininas extraídas da literatura da época e sonetos que emulaban o tópico literario do carpe diem. Todos os textos foron redactados polo alumnado de 3º ESO, seguindo a estrutura métrica dos romances medievais e o sonetos auriseculares.
O primeiro poema, recreado e recitado por Carolina García, está dedicado a louvar a figura de Melibea, unha das protagonistas de La Celestina. destaca os fitos máis importantes na vida de Xoana de Arco e a súa relevancia histórica. Velaquí tedes a ligazón: https://drive.google.com/file/d/17UmQdHC2dEjgPgT5EJKAyAz4O-3BFhcN/view?usp=sharing
O segundo romance, elaborado por Noa Romero, resalta a figura de Cristina de Pizán, coñecida filósofa, poetisa humanista e escritora francesa, considerada como a precursora do feminismo occidental: https://drive.google.com/file/d/1t8oKYkCoNeCFrmJHdVXfB0sAhegetdx7/view?usp=sharing
O terceiro texto, composto tamén por Noa Romero, anima aos seus lectores e lectoras a gozar da vida e dos bos momentos que esta proporciona: https://drive.google.com/file/d/12vzeNXIOdv347QkK64O1ow3ryytB5wUi/view?usp=sharing
O cuarto texto constitúe un romance de Xabi Romero arredor da figura e personalidade de Juana de Arco, destacando os fitos máis importantes da súa vida e a súa relevancia histórica: https://drive.google.com/file/d/1Ugqt2s7YvzFiREeqLjUZN5preoEqOVQH/view?usp=sharing
Finalmente, Miriam compuxo un soneto inspirado no tópico do carpe diem e anunciado aos seus lectores que o tempo pasa sen cesar. Polo tanto, é necesario aproveitar o momento presente: https://drive.google.com/file/d/1J32K2GOgvsF4qV2gTPsj4Bhiffb-Dx_m/view?usp=sharing
Parabéns ás cinco alumnas pola magnífica calidade das súas composicións e polo encomiable labor de dar a coñecer o valor e a importancia de tantas mulleres destacadas da historia e a cultura europea.
Comentarios