top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

Certames de Manualidades Terroríficas, de Relatos de Terror e de Epitafios no Samaín

  • bibliocaboarea
  • 31 oct 2022
  • 1 Min. de lectura

A Biblioteca do CPI Cabo da Area, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizou tres concursos especialmente dirixidos á celebración do Samaín. No primeiro deles, o Certame de Manualidades Terroríficas, participou o alumnado de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. O gañador da primeira modalidade foi o alumno Marco Suárez Busto (EI, “Baleas”), mentres que Mouhamed Mangara Lo (3º EP) se converteu no vencedor da súa categoría. Non vos perdades a exposición das excepcionais creacións de ambos estudantes, xunto coas aportacións do resto dos seus compañeiros e compañeiras, que se atopan na montaxe que acolle ao longo destes días o hall principal do Edificio de Infantil e Primaria do noso CPI.



Así mesmo, o Concurso de Relatos de Terror obtivo unha grande aceptación entre o alumnado de 5º EP a 4º ESO, que participou con numerosas mostras da súa creatividade literaria. O gañador da categoría de 4º, 5º e 6º EP foi Edu Pombo Cousillas; mentres que as estudantes Miriam Insua Silva e Ainara Rodríguez Blanco se alzaron co primeiro premio nas modalidades de 1º e 2º ESO e 3º e 4º, respectivamente. Velaquí tedes os relatos gañadores, xunto coas imaxes da exposición dos textos finalistas, que se atopa na Biblioteca do Edificio de Secundaria.



Por último, o alumnado de 3º e 4º ESO participou tamén no Certame de Epitafios, no que resultou vencedora Cristina Santos Facal, grazas á súa mestría na elaboración dos textos, sazoados de coidadas doses de ironía e humor negro. Xunto cos seus escritos, podedes atopar tamén os pertencentes aos finalistas do concurso, igualmente expostos na Biblioteca de Secundaria do centro.



 
 
 

Comments


Join my mailing list

Thanks for submitting!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page