top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

bibliocaboarea

Catálogo do Magosto e o outono

Actualizado: 4 dic 2022

Os equipos da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CPI Cabo da Area deseñaron un catálogo que inclúe unha ampla selección de cantigas, coplas, adiviñas e refráns sobre o Magosto e o outono, que foron recompiladas polo alumnado do centro. Podedes acceder a esta escolma de textos procedentes da literatura oral e tradicional galega a través da seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1HNRytS-XYWYU2QJxNGzzmXvAD-N_z5NJ/view?usp=share_link


Ambos equipos de traballo desexan expresar o seu agradecemento ao alumnado do CPI pola súa colaboración neste proxecto a través das numerosas achegas que aportaron á confección do mesmo.

Ademais, con posterioridade á publicación deste catálogo, o alumnado de Primaria continúa a traballar na recuperación da cultural oral e popular vencellada ao outono e o Magosto galegos, realizando substanciais contribucións, como as adiviñas e refráns que podedes atopar nas seguintes imaxes. Así mesmo, inauguraron unha nova sección vinculada á gastronomía propia deste tempo. Velaquí tedes o resultado final do seu traballo:






11 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page