top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

Audiopoemas na Semana da Prensa e o Día da Poesía

  • bibliocaboarea
  • 24 mar 2023
  • 1 Min. de lectura

O equipo plurilingüe, o grupo de traballo de Dinamización da Lingua Galega, o departamento de Música de educación secundaria e a biblioteca do CPI Cabo da Area conmemoraron de xeito conxunto o Día da Poesía (celebrado o 21 de marzo) coa gravación de sete audiopoemas recitados polo alumnado voluntario da biblioteca escolar (Aroa Allo, Iria Costa, Enma Lobelos, Saskia Rodríguez e Cristina Santos), con acompañamento melódico, de frauta e teclado por parte dos estudantes de Música de 4º ESO, coordinados polo seu profesor Gonzalo Suárez. Ademais, cada un deles encargouse da edición final dunha das pezas que se emitiron na radio Cabo da Area nas Ondas, a nosa estación radiofónica escolar: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicaboarea/taxonomy/term/76



Así pois, Cristina Santos interpretou “On the Grasshopper and Cricket”, de John Keats, ao son de Cadeneta, cuxa versión final foi preparada por Roi Toja. A alumna entoou tamén “My Heart Leaps up”, de William Wordsworth, ao ritmo de Habanera, editado por Saray Sueiro, e “Fire and Ice”, de Robert Frost, co acompañamento musical de Carrusel, cuxa versión final correu a cargo de Bryan Mouzo.

Pola súa parte, Iria Costa recitou “Negra sombra”, de Rosalía de Castro, amenizada pola canción Nada e editada por Leo Rama. Así mesmo, Enma Lobelos interpretou “No niño novo do vento”, de Álvaro Cunqueiro, ao compás da melodía Recuerda, con arranxos musicais de Saray Sueiro.

Aroa Allo entoou “Romance de la luna, luna”, de Federico García Lorca, ao son de Aika Hana, e editada por Saskia Rodríguez. Finalmente, esta última alumna recitou “Desmayarse, atreverse…”, de Lope de Vega, ao ritmo de Braveheart, cos amaños musicais de Aroa Allo.

Parabéns ao alumnado participante nesta actividade polo magnífico traballlo realizado!

 
 
 

Comments


Join my mailing list

Thanks for submitting!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page