Apadriñamentos lectores no Día do Libro
- bibliocaboarea
- 28 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Para celebrar o Día do Libro, o martes, 25 de abril, durante o recreo (de 11.20h a 11.50h), o alumnado de 5º, 6º de primaria e os voluntarios da biblioteca de secundaria participaron nunha sesión de apadriñamentos lectores cos estudantes de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º EP. Cada relator encargouse dun pequeno grupo de asistentes, aos que lles trasladou de forma dramatizada un conto adaptado á idade dos ouvintes. A actividade tivo lugar no patio exterior do edificio de educación infantil e primaria.












Comments