top of page

A NOSA BIBLIO

Somos a biblio do Cabo da Area, en Laxe. Tentamos que haxa libros abondo que vos fagan vivir nas nubes!

bibliocaboarea

Apadriñamentos do Club de lectura do centro no Día do Libro

Os integrantes de secundaria do club de lectura “Libros ao Cabo”, xunto co equipo da biblioteca do centro, organizaron diversas sesións simultáneas de apadriñamentos lectores co alumnado de educación infantil do CPI Cabo da Area para celebrar o Día do Libro, que tiveron lugar o martes, 23 de abril, no recreo. Así, as estudantes Nerea Barcia, Carla Castro e Claudia Senande (1º ESO) versionaron o texto ¿Me lo prestas? Pola súa parte, Naia e Paula Lema (1º ESO) realizaron unha magnífica lectura da obra Carabuñas. Así mesmo, Carla Ordóñez e Lara Peña (1º ESO) relataron con gran maestría Los fantásticos libros voladores del Señor Morris Lessmore.


Por outra banda, Borja Pereiro e Nuno Tirado (1º ESO) prepararon unha demorada lectura da peza Quen levou a lúa?; mentres que Pablo Rivera e Breogán Tirado (1º ESO) organizaron unha sesión de lectura e debate da obra Topito terremoto.


Pola súa parte, Iker Hermida, Alberto Lago e Moisés Macías (1º ESO) teatralizaron o texto Por cuatro esquinitas de nada, á vez que Adrián Calo, Dani Castiñeira, Fatou Diagne, Xabi Rey e Óscar Toja (1º ESO) asumiron o reto de versionar A nai do heroe.


Ademais, Hugo Soto, Mario Mira, Noé Vigo e Mirco Simal (1º ESO) leron para os máis cativos Unha chea de familias; e Laura Ordónez, Alejandro Vázquez e Celia Vidal (2º ESO) fixeron o propio con O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas, mentres que Ainara Cundíns e Lucía Souto (2º ESO) interpretaron A caixiña dos recordos.


Finalmente, Marta Collazo, Sara Devesa, Naiara Toja e Yanira Vázquez (2º ESO) versionaron Mi padre es ama de casa e Érik Vigo (1º ESO) e Mateo Toja (2º ESO) leron para os seus compañeiros e compañeiras de infantil Tres han de ser.


Parabéns a todos e todas polo magnífico labor realizado!


Non queremos deixar pasar a oportunidade de expresar o noso agradecemento aos compañeiros e compañeiras de educación infantil por acoller esta iniciativa do club de lectura “Libros ao Cabo” e do equipo da biblioteca do centro.



10 visualizaciones0 comentarios

Comentarios


bottom of page