A importancia da educación sexual no club de lectura de primaria
- bibliocaboarea
- 22 ene 2024
- 1 Min. de lectura
O alumnado do club de lectura de primaria dedicou as xuntanzas do primeiro trimestre do curso á lectura e análise da obra Las primeiras preguntas. Cuaderno de sexualidad para niños y niñas. A educación sexual nas escolas é hoxe máis necesaria que nunca, xa que os nenos e nenas, na maioría dos casos, poden obter información a través doutros medios, en particular, de Internet e das redes sociais. Aínda que estas fontes de información poden ser útiles e apropiadas, poden transmitir igualmente unha imaxe distorsionada da sexualidade e non achegar información sobre aqueles aspectos relacionados coas emocións e os dereitos. Doutra banda, a través dos sitios web ou as redes sociais, os nenos e nenas poden acceder tamén a información cientificamente inexacta, por exemplo, en materia de anticoncepción.

A educación sexual integral é unha poderosa ferramenta para combater a violencia, o abuso e a discriminación, e para promover o respecto pola diversidade. Os beneficios da educación sexual, cando é integral, van moito máis alá da mera información sobre a reprodución e os riscos para a saúde asociados coa sexualidade. A educación sexual é esencial para previr e combater o abuso sexual contra os nenos e nenas, a violencia e a explotación.
Comments