25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero
- bibliocaboarea
- 27 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 3 dic 2022
A Biblioteca de Educación Infantil e Primaria do CPI Cabo da Area organizou unha exposición temática con algúns dos seus recursos e materiais para o traballo e a reflexión sobre a lacra social que supón a violencia machista.
Dita montaxe atópase concentrada na estantería violeta do centro, vencellada ao traballo coa Igualdade desde todos os ámbitos da vida. Non deixedes de visitala e reparar tanto nas suxestións de lectura que ofrece, como nas achegas e mensaxes de concienciación social que a acompañan.
Pola súa parte, a Biblioteca de Secundaria, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega, gravou un vídeo protagonizado polo alumnado voluntario da ESO, entoando un manifesto de repulsa contra a violencia de xénero. Podedes acceder a el a través da seguinte ligazón:
Ambos equipos de traballo desexan expresar o seu agradecemento ao alumnado participante nesta iniciativa polo seu grao de impliación no proxecto. Grazas, polo tanto, a Ainara Cundíns, Sara Devesa, Laura Ordóñez, Lucía Souto, Naiara Toja, Alejandro Vázquez e Yanira Vázquez (1º ESO), Miriam Insua e Xiana Sueiro (2º ESO), Sara Bello, Iria Costa, Enma Lobelos, Ainara Rodríguez e Cristina Santos (3º ESO), Blanca Charlín, Xeima Manmina, Saskia Rodríguez, Marcos Suárez e Bruno Valiña (4º ESO).
Comments